Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Máis de duascentas persoas asistiron ao espectáculo “Os Bolechas deportistas xogan no tempo”

18 de xullo de 2023

Máis de duascentas persoas encheron o pasado domingo 16 de xullo a carballeira de Rodiño para asistiren ao espectáculo “Os Bolechas deportistas xogan no tempo”. Unha iniciativa do programa Falaredes dirixida aos municipios que, como Boqueixón, pertencen á Rede de Dinamización Lingüística.

As familias de Boqueixón desfrutaron dun divertido espectáculo ao aire libre que combinou teatro de monicreques con probas participativas. Unha iniciativa que busca animar á rapazada a utilizar o galego durante a práctica deportiva da man dos coñecidos personaxes creados por Pepe Carreiro.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo