Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

OFERTA DE EMPREGO: Dous dependentes/as alimentación en Sigüeiro (Oroso)

28 de setembro de 2023

empregoboqueixon

O Concello de Boqueixón informa dunha oferta de emprego para dous dependentes/as de alimentación en Sigüeiro (Oroso). As dúas persoas seleccionadas realizarán as seguintes tarefas:

  • Atención ao cliente.
  • Mantemento de orde e limpeza do establecemento.
  • Reposición de mercadoría e cobranza en caixa, entre outras propias do posto.

Requisitos:

  • Experiencia mínima de tres meses en postos similares.
  • Persoa dinámica, proactiva e con don de xentes.
  • Valorable residencia próxima ao posto de traballo.
  • Formación non requirida

Horario:  Xornada completa de 40 horas semanais, entre luns e sábado, en turno rotativo de mañá e tarde, cos descansos establecidos por lei.

Salario: A concretar.

As persoas interesadas terán que remitir o C.V a  santiago@eurofirms.com  ou inscribirse directamente na oferta picando neste enlace.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo