Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 15 diciembre 2023

Isaac Pérez Vázquez gaña o IX Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón” cunha imaxe dunha gata fronte o Pico Sacro

“Mirador do Pico”, unha fermosa imaxe dunha gata fronte ao Pico Sacro de Isaac Pérez Vázquez, foi a imaxe gañadora da novena edición do Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”. Un certame que ten como obxectivo fomentar a creatividade e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do municipio.

«Mirador do Pico», primeiro premio

O xurado do certame, composto por Lorena González Vázquez (Lorena do Merlo Fotografía), Dolores Fernández Iglesias (fotoxornalista de Lindeiros.net), Carlos Suárez González (xornalista de Nós Comunicación) e Rosario Iglesias Iglesias (técnica municipal de Cultura, con voz e sen voto), elixiron as 3 imaxes gañadoras do certame de acordo a criterios de calidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e dificultade. Nesta ocasión, o Pico Sacro foi o protagonista das tres fotografías premiadas, entre as que apenas houbo 1 punto de distancia entre elas: 36, 35 e 34 puntos.

«Punto xeodésico», terceiro premio

A proposta de Isaac Pérez foi escollida entre as 60 fotografías presentadas a concurso este ano. Ademais, a súa segunda fotografía, “Punto xeodésico”, obtivo o terceiro posto do certame e a súa terceira imaxe tamén formará parte do calendario 2023 do Concello de Boqueixón, ao obter o sexto posto nas votacións. Completou o podio, David Domínguez Gómez, quen conseguiu o segundo premio cun espectacular “Abrente no cumio do Pico Sacro”. Así mesmo, unha segunda fotografía súa obtivo o sexto posto nas votacións.

«Abrente no cumio do Pico Sacro», segundo premio

Entrega de premios

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, fixo entrega dos premios: vales de compra que poderán canxear en calquera establecemento do municipio por un importe de 200, 100 e 50 euros, respectivamente. Esta é a segunda ocasión na que Isaac Pérez gaña este concurso, despois de vencer na edición de 2018 con outra espectacular fotografía do miradoiro do Pico Sacro. No caso de David Domínguez, supera o quinto posto logrado en 2022.

As outras nove imaxes seleccionadas para formar parte do calendario do Concello de Boqueixón 2024 son:

  • “Pico Sacro dende o tren”, de Raquel Fachal Santasmarinas. 31 puntos.
  • “O solpor”, de Nuria Torres Suárez. 29,5 puntos.
  • “Aldeas de Boqueixón”, Isaac Pérez Vázquez. 28 puntos.
  • “A silueta do Pico na Néboa”, David Domínguez Gómez. 28 puntos.
  • “Manantial sacro”, Luís Pérez Fontela. 26 puntos.
  • “Amencer do Pico”, Elisabet López Carvalhais. 25 puntos.
  • “Outono en Donas”, Pablo Luengo Delgado. 24,5 puntos.
  • “Pico de verán”. Pedro Otero López. 24,5 puntos.
  • “Espeleoloxía con papá”. Laura Rey Blanco. 24 puntos.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}