
O Concello de Boqueixón informa da convocatoria dun curso de formación AFD denonominado “Montaxe e instalación de construcións de madeira”. Trátase dun curso gratuíto de 528 horas lectivas e que se impartirá no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. O alumnado estará capacitado para traballar como instalador/a de estruturas de madeira.
Para participar só preciso apuntarse no INEM indicando: “Curso AFD Código MAMB0210 CIFP Politécnico de Santiago”. A oficina xestora do INEM Santiago Norte será a encargada de facer a selección.
