
O Concello de Boqueixón comunica que a empresa Micofer ETT 2000 SLU selecciona tractorista para importante bodega do sector vitivinícola na zona do Ulla para realizar operacións de sembra e aplicación de fitosanitarios en plantación de viñedos.
REQUISITOS:
- Experiencia no manexo de tractor.
- Diploma/carné de fitosanitarios.
- Residencia na zona do Ulla.
- Dispoñer de carné de conducir.
OFRECE: posto temporal con posibilidade de continuidade na empresa.
As persoas interesadas terán que chamar ao teléfono 888 606 129 ou enviar o seu CV a: cvvilagarcia@micofer.com.
