A karateca Ruth Lorenzo Couso impartirá o próximo mes de maio un Curso de Defensa Persoal Feminina, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón e a área de Muller e Igualdade do Concello de Vedra, con cargo ao Pacto de Estado.
Unha iniciativa gratuíta dirixida a mulleres a partir de 14 anos e que se desenvolverá en dúas sesións, de tres horas cada unha, cunha parte teórica e outra práctica. As clases terán lugar:
- o sábado 10 de maio, de 10:00 a 13:00 horas, no ximnasio municipal do Forte (Boqueixón).
- o sábado 24 de maio, de 10:00 a 13:00 horas, na ludoteca municipal de Vedra (Vedra).
Inscricións gratuítas, prazas limitadas, a través deste formulario web ou chamando ao 981 513 106 (Boqueixón) e 699 041 486 (Vedra).