O Concello de Boqueixón informa de que a empresa Nortempo busca tractoristas para un novo viñedo en Boqueixón.
Requisitos:
- Máis dun ano de experiencia traballando cun tractor.
- Ter formación en Fitosanitarios (de non tela, poderá recibirse da empresa).
Ofrécese:
- 3 meses de contratación por ETT e posterior incorporación a plantilla de xeito indefinido.
- Salario: 1.500 euros ao mes (aprox).
- Xornada: de luns a venres
- Horario de verán (maio-agosto): 7:00 a 15:00 horas.
- Horario de inverno (setembro-abril): 8:30-13:30 e 14:00-17:00 horas.
Persoas interesadas, contactar:
- Por teléfono: 981 590 565.
- Por WhatsApp: 618 308 654.