Curso de formación para obter o carné de manipulador de produtos fitosanitarios

A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), en colaboración co Concello de Boqueixón, organiza un curso formativo para a obtención do Carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios (nivel básico), que se impartirá a mediados de xullo en Boqueixón. Máis información e inscricións no Concello de Boqueixón (981 513 061) antes do 11 de xullo.

O curso, na modalidade presencial, terá unha duración de 5 días (25 horas). O custo por alumno é de 60 euros (máis 9,58 euros de taxas oficiais para realizar o exame).

Será preciso un mínimo de 20 alumnos/as para a realización do curso.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025