Os Reis Magos enchen de maxia o polideportivo municipal do Forte

Melchor, Gaspar e Baltasar encheron de maxia e emoción o polideportivo municipal do Forte durante o tradicional Festival de Reis do Concello de Boqueixón. Centos de persoas abarrotaron o recinto para desfrutar primeiro dos inchables dunha nova edición de Boqueixogo para despois participar na recepción das Súas Maxestades.

O acto estivo presidido polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, quen estivo acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conde, e o concelleiro de Facenda, José Manuel Iglesias. Despois de que a rapazada se achegara a Melchor, Gaspar e Baltasar para lembrarlle os agasallos e recoller unhas lambonadas, a festa finalizou cunha chocolatada para toda a familia.

O martes 6 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, terá lugar no polideportivo municipal do Forte unha segunda sesión do Boqueixogo, con inchables variados para a rapazada. A participación é totalmente libre e de balde.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025