Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

O Concello de Boqueixón programa “E ti, que queres ser de maior?”, unha peza teatral para compartir en familia

18 de marzo de 2026

O ximnasio municipal de O Forte acollerá o próximo venres 27 de marzo, de 16:00 a 16:45 horas, a obra de teatro “E ti, que queres ser de maior?”. Trátase dunha peza teatral de Trémola Teatro con temática en sensibilización en igualdade e dirixido á rapazada de Boqueixón. Unha peza ideal para compartir en familia. A participación é totalmente de balde, sendo preciso anotarse previamente a través de este formulario.

“E ti, que queres ser de maior?” é unha actividade de sensibilización en igualdade organizada polo Centro de Información á Muller do Concello de Boqueixón e que está subvencionada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo