O Concello de Boqueixón organiza unha nova sesión de contacontos dirixido a toda a familia. Trátase do espectáculo «Historias Soñadas», de Trémola Teatro, un contacontos teatralizado que mestura poesía, música e narración para poñer en valor a figura de Rosalía de Castro, non so como escritora, senon tamén como unha pioneira en tratar o poder patriarcal como causa da violencia machista e pioneira en denunciar a violencia e a inxustiza de xénero.
A sesión terá lugar o xoves 7 de maio, ás 16:00 horas, no ximnasio municipal do Forte.
As inscricións poden realizarse a través deste formulario: https://forms.gle/AEgy9Adr4kzj2C9j9
Esta iniciativa está promovida polo Concello de Boqueixón, en colaboración co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e como desenvolvemento da campaña de sensibilizacion e prevención contra a violencia de xénero.