O Pico Sacro convértese nun enclave privilexiado para contemplar o próximo eclipse solar do 12 de agosto

O Concello de Boqueixón organiza un evento especial no Monte Ilicino que incluirá explicacións astronómicas a cargo de Xabier Molina e servizo de foodtruck

O Pico Sacro acollerá o vindeiro mércores 12 de agosto, ás 19:30 horas, unha cita astronómica única para contemplar o eclipse solar desde un dos puntos máis emblemáticos e con mellores vistas de toda Galicia.

A actividade, promovida polo Concello de Boqueixón, contará coa colaboración de Xabier Molina, afeccionado á astronomía, quen ofrecerá explicacións sobre o fenómeno para que as persoa asistentes poidan entender e desfrutar ao máximo de cada fase do eclipse.

Gastronomía e seguridade para unha xornada completa

Para amenizar a xornada e completar a experiencia no monte ilicino, o evento contará coa presenza da foodtruck Alex Iglesias Gastro, que ofrecerá a súa habitual variedade gastronómica e de bebidas durante o desenvolvemento da actividade.

Ademais, co fin de garantir unha observación segura do fenómeno astronómico, haberá a posibilidade de mercar no propio lugar as gafas específicas e homologadas para eclipses. Non obstante, recomendamos que traian da casa gafas, xa que non se asegura o stock debido a gran previsión de xente.

Inscricións e reservas – PRAZAS ESGOTADAS

Desde a organización informase de que as prazas para a charla explicativa impartida por Xabier Molina xa se atopan totalmente completas. Non obstante, a área do monte permanecerá aberta para que todo o público que o desexe poida gozar deste fenómeno astronómico único nun escenario incomparable.

Bus lanzadeira gratuíto desde Lestedo

Co obxectivo de evitar colapsos de tráfico e problemas de estacionamento na subida ao monte, o Concello de Boqueixón habilitará un servizo de autobús lanzadeira totalmente gratuíto.

  • Percorrido: Campo de fútbol de Lestedo ⇆ Cume do Pico Sacro.

  • Horario: De 18:00 h a 21:00 h.

  • Frecuencia: Autobuses cada 15 minutos.

Importante Acceso ao Pico Sacro dende Lestedo

Recoméndase e rogarase a toda a veciñanza e visitantes que utilicen este transporte público para facilitar un acceso fluído e seguro á zona, aínda que o Concello habilitará zonas de aparcamento próximas o Pico Sacro. Para manter o acceso de forma segura, este farase únicamente dende Lestedo. Grazas pola comprensión.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025