OFERTA DE EMPREGO: Limpiezas Salgado busca persoa para traballar en limpeza industrial en Vedra

A axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Boqueixón achega unha oferta de emprego de Limpiezas Salgado, que busca unha persoa para traballar en limpeza industrial na zona de Vedra (matadoiro).

Requisitos:

  • Experiencia en limpeza industrial (valorable).
  • Preferiblemente que resida en localidades próximas.
  • Indispensable dispoñer de vehículo propio para desprazarse ata o centro de traballo.

Funcións:

  • Limpeza.
  • Desinfección industrial.

Condicións:

  • Horario: luns a venres, de 11:30 a 15:30 horas (20 horas semanais).
  • Salario: segundo convenio.

As persoas interesadas poden enviar o seu CV por enderezo electrónico a tino@salgado.gal indicando no asunto «Vacante Vedra».

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025