Novena Mesa de coordinación institucional contra a violencia de xénero dos Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra

O salón de plenos de Boqueixón acolleu a novena Mesa de coordinación institucional contra a violencia de xénero dos Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra. Unha reunión presidida polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e coa asistencia da responsable política en materia de Servizos Sociais e Igualdade, Angela Conde Leis, e de  técnicas municipais dos tres concellos, persoal do CIM de Boqueixón, persoal sanitario, educativo e das forzas e corpos de seguridade do Estado.

O obxectivo principal deste encontro é promover a coordinación e colaboración entre as diferentes administracións á hora de actuar fronte á violencia de xénero. Ao estar reunidos os tres concellos nela, estas reunións facilitan o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as distintas administracións que interveñen nas contornas de Boqueixón, Touro e Vedra.

Neste senso, nesta novena edición tomouse coñecemento sobre actuacións levadas a cabo no ámbito municipal de cada concello en materia de prevención e formación en violencia contra as mulleres así como das actualizacións de informacións sobre as actuacións levadas a cabo polas diferentes entidades participantes.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025