Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

Ampliación da condición de familia numerosa

3 de agosto de 2015

O Congreso  aprobou,  de forma definitiva a ampliación da condición de familia numerosa, entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).  

Isto suporá o mantemento do Título de Familia Numerosa, cos beneficios sociais asociados a mesmo, ata que el último do seus fillos cumpra a idade establecida na Lei (21 ou 26 anos si está estudando).

Esta medida terá efecto positivo sobre todas as familias que sexan numerosas, aínda que as primeiras beneficiarias  serán as de tres fillos, sempre que o fillo maior  cumpra en breve 21 anos ou 26 si está estudando. Ao cumprir esa idade, este fillo sairá do título, pero o resto da familia conservará a condición de numerosa, de maneira que os seus irmáns poderán acceder aos beneficios económicos e sociais, bolsas, descontos en transporte e matrículas universitarias, etc. e ter as mesmas oportunidades que o maior.

As familias que perderan,  o título de familia numerosa ao longo do presente ano (desde o 1 de xaneiro) unicamente terán garantido o desconto en beneficios de materia educativa para este próximo curso, (matrículas/dereitos de exame).

MÁIS  INFORMACIÓN: No departamento de Servizos Sociais do Concello ou ben chamar ó teléfono 981513106.   

Compartir
WhatsApp Facebook Correo