Apoio á creatividade na Feira de Lestedo

Este domingo na Feira de Lestedo incorpórase un novo posto “Merillotes Fotografía” de Montse Franqueiro en colaboración con  “Maquill’Arte” de Sandra Rodríguez. Trátase de 2 proxectos emprendedores de Boqueixón, que se unen para dar a coñecer o seu labor creativo.


Deste xeito innovador, o alcalde de Boqueixón Ovidio Rodeiro Tato quere mostrar o seu apoio ás persoas emprendedoras e creativas que queiran facer difusión dos seus traballos, e tras ter unha reunión con estas mozas emprendedoras o xoves 3 de decembro, o rexidor plantexa incorporar un espazo creativo no lugar da Feira para apoiar estas iniciativas.

 

A Feira de Lestedo desenvólvese os 1º e 3º domingos de cada mes.

IMG_20151203_125846481

 

IMG-20151203-WA0012

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025