Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Centro de interpretación

Centro de interpretación do Pico Sacro

Todo o patrimonio
Centro de interpretación do Pico Sacro

Está situado aos pés do Pico Sacro, na aldea de Cachosenande , a escasos metros da Via da Prata. Este centro permite achegarnos ao coñecemento  de todos os aspectos relacionados co Pico: historia, lendas, composición xeolóxica… No ano 2008 fíxose unha nova musealización do centro, que conta actualmente con paneis explicativos, unha sala de exposición de fotografías e outra cunha maqueta e un vídeo no que se recolle a cultura da zona e o significado do Pico Sacro.