Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Área natural

Área Natural da Capela de San Paio

Todo o patrimonio
Pasarela de madeira e muíño entre o bosque de ribeira con follas de outono en San Paio de Codeso

Na parroquia de Codeso, a contorna da capela reúne fervenzas, muíños restaurados e unha fonte. Un sendeiro curto segue o río a través dun frondoso bosque de ribeira.

A capela de San Paio

Situada á beira do río Pontillón, presenta unha nave rectangular construída na segunda metade do século XVII. Foi totalmente rehabilitada en 2003 polo Concello, xa que se atopaba en estado de abandono dende mediados do século XX.

O entorno desta capela está formado polo que quizais sexa o mellor conxunto natural e etnográfico do Concello, inmerso nun frondoso e espectacular bosque de ribeira. Así, nun dos muros do adro está a Fonte do Santo. As súas augas, segundo a tradición, logran curar o “asombramento” nos nenos, que din que causan os gatos. Aproximadamente a uns 100 m. do templo un afluente do río Pontillón forma no inverno unha espectacular caída de auga. Unha segunda fervenza, de sete metros de altura está situada a uns 300m. augas abaixo, á que se pode acceder por un sendeiro que discorre paralelo a unha canle de auga para os muíños da zona. Varios destes muíños están restaurados.

MUÍÑOS E FERVENZA DA ÁREA NATURAL DA CAPELA DE SAN PAIO

Aproximadamente a uns 100 m. da Capela de San Paio, un afluente do río Pontillón forma unha espectacular fervenza. Unha segunda fervenza, de sete metros de altura está situada a uns 300m. augas abaixo, á que se pode acceder por un sendeiro que discorre paralelo a unha canle de auga para os muíños da zona. Nesta área natural atópanse tamén dous muíños restaurados



Inauguración, en 2003, das obras de restauración da Capela de San Paio
Inauguración, en 2003, das obras de restauración da Capela de San Paio
Romaría de San Paio
Romaría de San Paio
Codeso