
Fermosa capela de planta de salón localizada na ladeira do lendario Pico Sacro, moi preto da cima. Permanece da primitiva construción o altar do presbiterio (s.XI), construído en granito e o retablo en cachotaría. Na Capela Maior, de época románica, consérvase un par de columnas que responden ao estilo mateano e serven de apoio a un arco triunfal. Durante os séculos XIX e XX, sucédense os arranxos e reformas do santuario que afectan ás bóvedas e ao tellado, constrúese o alpendre e refíxose o arco de pedra. No ano 1998, o Concello restaurou todo o templo e reacondicionáronse os accesos e diversas sendas de percorrido do Pico.
· Imaxinaría: dúas esculturas en madeira de San Sebastián.
