Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Igrexa

Igrexa Parroquial de San Lourenzo da Granxa

Todo o patrimonio
Igrexa Parroquial de San Lourenzo da Granxa

 

Na actualidade esta igrexa de planta rectangular cunha soa nave é a expresión de diferentes fases construtivas. Unha primeira etapa desenvólvese en época románica, séculos XI e XII, estilo ó que pertencen o presbiterio, a capela maior e o retablo de cachotaría. Unha segunda etapa corresponderíase co primeiro terzo do século XVIII, en época barroca reformáronse os pés do templo coa construción da tribuna, porta e campanario. O corpo da igrexa pasou por diversas reconstrucións e prolongacións, no 1901 realizouse de novo a escaleira, a espadana e a tribuna, e no ano 1918 restáurase o altar maior. Cando no ano 1973 se levan a cabo unhas importantes obras de restauración, descóbrese unha columna-sepulcro de reliquias procedente da primitiva construción do século IX en tempos do Bispo Sisnando.
No seu interior poderemos admirar:
· Retablos: Retablo Maior.
· Imaxinaría: Santa Lucía, Nosa Señora do Rosario, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua, Santa Bárbara, Sagrado Corazón de Xesús, San Lourenzo e o Cristo Crucificado.