
O pavillón de Lestedo acollerá este domingo 10 de xuño, a partires das 18.00 horas a Gala de Fin de Curso de Patinaxe Artística do Club Ágora 2017/18. Nesta cita tamén participará o alumnado das escolas de patinaxe de Boqueixón e Vedra.
A asistencia é gratuíta. Dende o Concello de Boqueixón animan á veciñanza a acudir a esta cita na que poderán gozar da coreografías e propostas do alumnado de patinaxe artística.
