I Andaina Benéfica Obradoiro-Pico Sacro

O Concello de Boqueixón colabora na I Andaina Benéfica Obradoiro-Pico Sacro, que organizan Compos Tours e Madia-Leva comunicación digital e que terá lugar o próximo sábado 2 de marzo. Unha iniciativa solidaria na que os fondos que se recauden serán destinados a Down Compostela.

A saída está prevista ás 9:00 horas deste sábado 2 de marzo dende a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Máis información e reservas gratuítas no teléfono 678 894 867 ou a través do mail compostours@gmail.com.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025