
Esteban Mareque Rey alzouse co título de campión de España de Sanda, unha modalidade de combate da arte marcial de China, Wushu. O campionato no que a súa victoria foi definitiva para ser proclamado campión de España celebrouse o pasado 7 de marzo en Madrid.
O xoven deportista de Boqueixón acumula varios títulos galegos, a súa carreira deportiva consolidouse nos últimos anos, e agora este título confirma a súa protección.

