A empresa SCR Activities pon a disposición do Concello de Boqueixón de forma gratuita 4 prazas (para crianzas de entre 13 e 14 anos) e outras 4 prazas (para nenas e nenos de 10 a 12 anos) para o seu Campus de Verano SCR, que se celebrará do 20 ao 24 de xullo con diferentes actividades deportivas (surf en A Lanzada, visita Aquapark Cerceda ou piscina, entre outras).
As persoas interesadas deberán apuntarse no deportes@boqueixon.com antes do día 15 de xullo. En caso de rebírense máis solicitudes ca prazas, realizarase un sorteo para determinar as crianzas participantes.