O ximnasio municipal permanecerá pechado ata finais de setembro por melloras nas instalacións

O Concello de Boqueixón informa de que o o ximnasio municipal permanecerá pechado ata finais de setembro pola realización de obras de reforma e mellora nas instalacións. Con esta actuación, o Concello busca reformular os distintos espazos do ximnasio para poder incluir novas actividades. Así mesmo, procederase a recolocar o material existente para que os usuarios que realicen os seus adestramentos, ou participen nas actividades dirixidas, poidan estar máis cómodos.

O Concello pide desculpas polas molestias que este peche poida ocasionar e agarda que o renovado e mellorado ximnasio municipal poida volver abrir as súas portas o antes posible.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025