Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura · Deportes

Programa e inscrición de actividades Correntes do Ulla 2024

5 de xuño de 2024

Programa de actividades Correntes do Ulla 2024:

DESCENSO DO ULLA EN KAIAK

• Data: 29 de xuño.

• Percorrido: Dende o Campo do río de Ponte Ledes­ma ata a Área de Recreo de Agronovo.

• Prezo: 25 € por persoa. (Inclúe Kaiak de 2 per­soas: chaleco salvavidas e seguro).

• Observacións: Poderán participar as persoas maiores de 13 anos con autorización.

• Prazas limitadas

Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas premendo no seguinte formulario de inscrición (prazas limitadas)

 

ESCOLA DE PESCA

• Introdución ao mundo da pesca sostible e á con­cienciación coa natureza.

• Imparte: David Arcay (campión do mundo de pes­ca con mosca)

• Colabora: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

• Datas:

  • 10 de xullo. Na Área de Recreo de Agronovo.
  • 11 de xullo. Na Área de Recreo de Sucira.

• Idades dos 6 aos 12 anos (ambas incluídas).

Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas no seguinte enderezo electrónico cultura@boqueixon.es (prazas limitadas)

 

CAMPO DE VOLUNTARIADO “UNINDO ROTEIROS”

• Recuperación medioambiental e etnográfica + dinamización sociocultural.

• Data: do 15 ao 26 de xullo

• Idades: de 18 a 30 anos

• Colabora: Dirección Xeral de Xuventude

Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas no seguinte enderezo electrónico cultura@boqueixon.es (prazas limitadas)

 

GOZA DO ULLA (ROTEIRO DE PESCADORES)

• Data: 20 de xullo.

• Percorrido: Saída ás 10 horas do Campo do río de Ponte Ledes­ma de ata Codeso- San Paio

• Distancia: 9,6 km aprox.

• Dificultade: media-baixa

• Prazas limitadas

Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas no seguinte enderezo electrónico boqueixonturismo@gmail.com (prazas limitadas)

 

PASEO EN BICI POLO VAL DO ULLA (RIBADOULLA)

• Data: 28 de xullo.

• Percorrido: Saída ás 10 horas da Área de Recreo de Castiláns (xunto ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla), avituallamento en Ponte Ledesma, regreso ao punto de partida.

• Distancia: 30 km aprox.

• Dificultade: media

• Prazas limitadas

Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas premendo no seguinte formulario de inscrición ou na páxina web do Concello de Vedra (prazas limitadas)

 

GOZA DO ULLA (DO COUTO DE XIMONDE A PONTEVEA)

• Data: 4 de agosto.

• Percorrido: Saída ás 10 horas do Couto de Ximonde ata a ponte medieval de Pontevea-Reis (Teo)

• Distancia: 10 km aprox.

• Dificultade: media

• Prazas limitadas

Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas premendo no seguinte formulario de inscrición ou na páxina web do Concello de Vedra (prazas limitadas)

Compartir
WhatsApp Facebook Correo