A piscina municipal do Forte abrirá finalmente as súas portas o 22 de xuño para todo o público, pero os alumnos/as do CPI Antonio Orza Couto poderán disfrutar dela en exclusiva xa dende o 10 de xuño.
A entrada será de balde ata o 1 de xullo e o sábado 29 de xuño terá lugar unha gran Festa de Inauguración con inchables acuáticos para os máis pequenos.
- Horario da piscina: de luns a venres de 15:00 a 21:00 horas.
- Peche: 8 de setembro.
En caso de mal tempo, as instalacións permanecerán pechadas.
Prezos: 3,71€ a entrada individual e os bonos de 20 entradas custarán 6,17€ (-16 anos) e 12,34€ (adultos).
Nos abonos familiares de 20 entradas: pai e nai (15,43€), 1º fillo (6,17€), 2º fillo (3,09€) e de balde o resto.