Abertas as inscricións na Escola Deportiva Vedra-Boqueixón de fútbol

O Concello de Boqueixón informa da apertura de inscricións para a temporada 2024-2025 na Escola Deportiva Vedra-Boqueixón de fútbol, que organizan os concellos de Boqueixón e Vedra. As anotacións poden formalizarse na web www.escolasdeportivasvedra.org.

Haberá sete categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Máis información en vedraboqueixoned@gmail.com ou no teléfono 622 629 205.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025