
O Concello de Boqueixón publica os resultados provisionais do proceso de selección dunha bolsa de emprego de educador/a da escola infantil municipal Raiña Lupa, en réxime de persoal laboral temporal. Trátase dunha bolsa para poder atender as necesidades temporais de persoal que poidan xurdir durante o servizo.
Ábrese un prazo de 3 días hábiles, a contar dende mañá 24 de setembro, para a presentación de alegacións ou reclamacións contra a puntuación outorgada na fase de concurso.
Toda a información do procedemento na nosa sede electrónica.
