
O Concello de Boqueixón e a Escola de Judo Boqueixón organizan o VII Trofeo Primavera Kumi Kata. Terá lugar este domingo 5 de maio no pavillón polideportivo do Forto e agárdase a participación duns 200 judokas de distintos clubs da contorna.
As competicións darán comezo ás 10:00 horas, coas categorías alevín e benxamín A. Ás 12:00 horas terán lugar as categorías benxamín B e prebenxamín.
