Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Deportes

O Concello de Boqueixón abre as inscricións nos Cursos de Natación 2024

3 de xuño de 2024

O Concello de Boqueixón abre ata o 14 de xuño as inscricións nos Cursos de Natación 2024, que terán lugar durante o mes de xullo na piscina municipal do Forte en horario de mañá. Uns cursos dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, que poderán elixir entre dous niveis: iniciación e perfeccionamento.

As persoas interesadas en participar deberán presentar cumplimentada a ficha de inscrición adxunta ben a través da sede electrónica municipal ben presencialmente no Rexistro do Concello. O prezo do curso é de 15 euros.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo