Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Proxecto subvencionado

O Concello de Boqueixón contrata a 3 traballadores desempregados para a realización do servizo “Rural Activa Boqueixón 2026” subvencionado polo Programa Galicia Suma Talento: Rural Activo

O Concello de Boqueixón realiza a actuación subvencionada:

O Concello de Boqueixón vén de incorporar ao seu persoal a tres persoas desempregadas para realizar tarefas de peóns forestais, ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 24 do 05 de febreiro de 2026). (Código de procedemento TR351G). Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Xunta de Galicia.

A contratación, correspondente ao expediente TR351G-2026-00000034-01, terá unha duración de nove meses e realizarase cunha xornada laboral do 100%, enmarcándose nas accións do Concello para fomentar o emprego e reforzar os servizos públicos municipais.
A contía da subvención concedida ascende a 50.865,09 euros, correspondente aos seguintes postos:

  •  Ocupación: peón forestal
  •  Núm. de contratacións: 3
  •  Grupo de cotización: 10
  •  CNO: 9543
  •  Duración do contrato: 9 meses
  •  Xornada: Completa (100%)

Esta actuación forma parte do compromiso do Concello por impulsar oportunidades laborais mediante a formación práctica e a adquisición de coñecementos profesionais no ámbito forestal e da prevención e mellorar ao mesmo tempo os espazos e servizos municipais.