


Este convenio ten por obxecto establecer o marco de participación e de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local, Concello de Boqueixón, para o desenvolvemento das accións seguintes de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025/26, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de todos os recursos que se inclúen neste convenio:
| Actuación anualidade (2026) | Superficie |
|---|---|
| d) Tratamentos preventivos de xeito mecanizado | 140 ha |
Financiamento
Os custos das accións a desenvolver neste convenio repartiranse entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local.
A Consellería do Medio Rural financiará, con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.760.0 dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025/26, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, as actuacións coas contías seguintes:
Actuacións en materia de extinción de incendios forestais (2026)
| Tipo de actuación | Importe máximo da axuda ano 2026 |
|---|---|
| d) Tratamentos preventivos de xeito mecanizado | 49.000 € |
