Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Proxecto subvencionado

Actuación de mellora de eficiencia enerxética na casa do Concello

Xunta de Galicia
Cofinanciado pola Unión Europea Fondos Europeos

Actuación subvencionada

Mellora de eficiencia enerxética na Casa do Concello

O Concello de Boqueixón obtivo unha subvención para a actuación de Mellora de eficiencia enerxética na Casa do Concello, cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Base reguladora: Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Código de procedemento PR486D (DOG núm. 30, do 13 de febreiro). Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Datos básicos da subvención
Núm. de expedientePR486D/2025/018
BeneficiarioBoqueixón
NIFP1501200H
Denominación do proxectoMellora da eficiencia enerxética da Casa do Concello
Obxecto do proxectoSubstitución das cubertas, mellora de iluminación e instalación de aerotermia para climatización da Casa do Concello
Orzamento elixible149.957,50 €
Custos directos145.589,81 €
Custos indirectos4.367,69 €
Importe da subvención119.966,00 €
Feder (60 %)89.974,50 €
Fondos da Comunidade Autónoma (20 %)29.991,50 €
% de financiamento80 %
Importe anualidade 202531.779,07 €
Importe anualidade 202688.186,93 €
Achega municipal (20 %)29.991,50 €
LocalizaciónO proxecto desenvolverase no concello de Boqueixón
ProvinciaA Coruña
ActividadeObras de mellora da eficiencia enerxética da Casa do Concello