Boqueixón acollerá o vindeiro 22 de agosto a quedada fotográfica “Coñece o concello de Boqueixón”

Fotowalk Galicia, en colaboración co Concello de Boqueixón, organiza para o vindeiro sábado 22 de agosto a primeira Quedada fotográfica: “Coñece o concello de Boqueixón”, unha xornada deseñada para capturar a beleza patrimonio, paisaxística e enolóxica do municipio a través do obxectivo da cámara.

A actividade inclúe un completo percorrido guiado por algúns dos enclaves máis emblemáticos do concello, ademais dunha formación práctica en edición de imaxes.

Programación da xornada:

  • 10:30 h: Recepción de participantes e presentación da camiseta oficial do evento.
  • 10:45 – 13:30 h: Ruta polo patrimonio oculto de Boqueixón (arquitectura do viño). Inclúe unha visita guiada á Ponte Ledesma e aos Viñedos de Donas, así como ao proxecto de enoturismo María Manuela con cata-degustación (prezo: 12 €/persoa).
  • 14:00 h: Xantar nun restaurante da zona (con reserva previa).
  • 16:00 h: Visita guiada ao Pico Sacro.
  • 17:15 – 17:45 h: Obradoiro de edición de fotografía no Centro de Interpretación do Pico Sacro.

Inscricións e prazos

As persoas interesadas en participar nesta experiencia fotográfica e cultural teñen de prazo ata o 12 de agosto para realizar a súa inscrición.

Para reservar praza ou solicitar máis información, cómpre enviar un correo electrónico ao enderezo fotowalkgalicia@gmail.com.

Dende o Concello animamos a xente a asistir, xa que é unha gran oportunidade para despois presentar as mellores fotografías o noso concurso Boqueixón en Imaxes. Agardámosvos!

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025