Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Proxecto subvencionado

Convenio de colaboración e a cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Boqueixón para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.

Xunta de GaliciaCofinanciado pola Unión EuropeaGoberno de España. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Este convenio ten por obxecto establecer o marco de participación e de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local, Concello de Boqueixón, para o desenvolvemento das accións seguintes de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025/26, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de todos os recursos que se inclúen neste convenio:

Actuación anualidade (2026)Superficie
d) Tratamentos preventivos de xeito mecanizado140 ha

Financiamento

Os custos das accións a desenvolver neste convenio repartiranse entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local.

A Consellería do Medio Rural financiará, con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.760.0 dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025/26, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, as actuacións coas contías seguintes:

Actuacións en materia de extinción de incendios forestais (2026)

Tipo de actuaciónImporte máximo da axuda ano 2026
d) Tratamentos preventivos de xeito mecanizado49.000 €