
Entre os anos 1881 e 1882, ante o estado ruinoso da primitiva igrexa, reconstrúese un novo templo que se proxecta seguindo as pautas do estilo historicista desta época. A súa fachada é a que mellor reflicte o clasicismo decimonónico, depurado ata o límite, con muros rectos e lisos carentes de ordes. No seu interior, os muros están desprovistos de decoración, destacando unicamente as pilastras de orde toscana que serven de soporte á bóveda da nave e o sinxelo entaboamento que recorre toda a nave.
· Retablos: Retablo Maior, Retablo de San Xosé e Retablo da Nosa Señora do Carme.
· Imaxinaría: Nosa Señora de Fátima, Inmaculada Concepción, San Antonio de Padua, Santa Eulalia, Cristo atado á columna, Virxe Dolorosa, San Francisco de Asís, San Xosé, San Paio, Neno Xesús Salvador, Sagrado Corazón de Xesús e San Roque.

